martes, 21 de junio de 2011

Conto bloguero.

Un dos proxectos desenvolvidos este ano foi o do "conto bloguero".Os nenos e nenas de 5 anos fixeron un conto en coordinación cos nenos e nenas  da escola de Sísamo e cos nenos e nenas do cole de Cabana.Os tres centros temos blog .Este é o resultado.

lunes, 13 de junio de 2011

Alessia protagonista.

Non é a primeira vez que unha mamá prepara unha sesión de maquillaxe,pero está claro que cada unha delas foi especial e a súa vez distinta,mirade que felinos volvéronse os nenos e nenas de 3 anos C.

Yanira Gerpe protagonista.

Cando lle tocou ser protagonista a Yanira ,a súa  mamá non sabía que organizar para esa semana  y preguntando  á  profe déronse conta de que  o mellor sería falar do seu país ,Venezuela.E mirade que ben o pasaron,xa se ve  que Venezuela é un país moi marchoso.A min encántame que a mamá de Yanira diga: "Ay mi amor ! !!"

Unha tarde de burbullas.Fran protagonista.

Xa fai tempo,cando parecía que empezaba a notarse a caloriña,os nenos e nenas de 3 anos C ,participaron dunha actividade que xa se anticipaba como un éxito seguro.A mamá de Fran organizoulles unha actividade con burbullas,unha moi boa idea.


Aniversarios de abril e maio, en 3 anos C.

Parabens ós pequerrechos Marcos,Hugo ,Carmen e Clara ,de 3 anos C, polo seu cuarto aniversario.Esperamos que o pasaran xenial na súa festa .


Gabriela protagonista

Coa chegada da primaveira tivemos unha visita moi especial,a mamá de Gabriela de 3 anos A ,que ten unha floristería ,veulles  falar un pouquiño das flores.Ademais  fixeron uns preciosos ramos.


domingo, 12 de junio de 2011

Marcos Suárez protagonista.

Está claro que non deixamos de aprender cos protagonistas  . Nesta ocasión a mamá de Marcos trouxo varias especies  da súa peixería .

Judith protagonista.

       Hai unhas semanas, a protagonista en 3 anos A,  foi Judith. A súa familia, en especial a mamá ,a tía e a tía abuela,organizaron unha excursión moi interesante,os nenos e nenas  de 3 anos A e C foron ó centro comercial Haley. No supermercado visitaron o almacén e cada unha  das   seccións : panadaría,carnicería,froitaría,..e cada unha delas coa súa correspondente explicación.Ademais lles entregaron a cada un, un libriño coa foto de cada sección.Para finalizar déronlles unha mochila repleta de cousas.Un dez para a excursión e outro para as organizadoras.

miércoles, 18 de mayo de 2011

Unha clase de bioloxía en 3 anos A e C.

Quen dixo que os nenos e nenas de 3 anos non podían ter unha clase de bioloxía?Seguro que aprenderon máis que algún do instituto.A 3 anos A e C chegou unha tarde o biólogo Antonio Losada para explicarlles as partes dun peixe ,como preparación para a excursión á "Casa dos peixes" que farían ó luns seguinte.Ata diseccionaron tres pobres xureliños que trouxo a mamá de Marcos Suárez e que nin se enteraron,descansen en paz.A pregunta é :que pensaría Tedín cando colliu o xurelo diseccionado?

Lucía protagonista.

Hai dúas semanas , a protagonista en 3 anos A ,foi Lucía,Luci para os amigos e amigas.As tardes no cole , son un pouco pesadas , pero con estas mamás que nos traen contos,xogos e algo de picar ,fanse moito máis levadeiras.

Parabens Alessandra.

O pasado mes , Alessandra de 3 anos A celebrou o seu aniversario.A súa mamá preparou uns postres e pasárono xenial.Cento di questi giorni!  Buon compleano.

Marcos Pose protagonista.

Hai unhas semanas tocoulle ser protagonista a Marcos Pose.A súa mamá preparou unha actividade con materiais de reciclaxe .Os nenos e nenas fixeron estes bonitos cohetes espaciais.Ademais xogaron ós bolos dunha forma moi ecolóxica.

Visitando a "Casa dos peixes".

 Hai unhas semanas os nenos e nenas de 3 anos B visitaron a "Casa dos peixes" da Coruña.   Pasárono en grande . Gustoulles a viaxe en autobús, coñecer novas especies mariñas,ver como lle daban de comer ás  focas... pero  sobre todo gustoulles  facer unha actividade tan especial, todos xuntos.


lunes, 2 de mayo de 2011

Xa son irmá maior.

A semana pasada recibimos unha pequena visita ,a mamá de Clara de 3 anos C trouxo a Andrés, que naceu hai dúas semanas.Debe ser o pequerrecho  que máis pronto empezou o período de adapatación.Unha preciosidade de criatura ,parabens ós  papás , á irmá maior e benvido a este mundo Andrés.

Javi protagonista.






 
 Antes das vacacións, a mamá de Javi visitou 3 anos C e faloulles de seu traballo.Esta mamá adícase á venta de portas. Parabens ós papás por conseguir que cada xoves sexa distinto.

Aniversarios de Aroa,Yanira e Sara.




Estas tres princesiñas de 3 anos C, xa teñen 4 anos,parabens.

martes, 26 de abril de 2011

Cristina e Ánxela de aniversario.

Parece que foi onte cando  estes pequenos pisaron  o cole por primeira vez.Agora que  xa imos deixando atrás este curso 2010-2011, eles tamén crecen e cumpren catro  aniños,como é o caso destas princesas da clase de 3 anos A,Cristina e Ánxela.Moitos parabens.

sábado, 23 de abril de 2011

Alessandra protagonista.

A semana do 11 de abril tocoulle ser protagonista a Alessandra, de clase de 3 anos A.Primeiro a súa mamá tróuxolles  un conto sobre os bombeiros ,e o mércores 13 os nenos e nenas das clases de 3 anos A e C visitaron o parque de bombeiros de Carballo no que  traballa o papá de Alessandra.Pasárono xenial,incluida algunha pequena invitada.Agredecemos a amabilidade destes profesionais e con este corpo de bombeiros, podemos durmir tranquilos.