Esta semana iniciouse nas aulas de 3 anos o proxecto do "Protagonista ".Consiste en que cada semana un familiar(nai,pai,avó,...) dun dos nenos ou nenas organiza unha serie de actividades que desenvolve en clase co resto dos compañeiros.O proxecto lévase a cabo martes ou xoves pola tarde dependendo da disponibilidade das familias.Esta semana tocoulles a Rubén da clase de Bea, e a Noa, da clase de Carmiña.A mamá de Rubén faloulles dos dinosaurios ,xa que lle encantan a seu fillo.A mamá de Noa organizou unha divertida tarde de xogos e invitou aos nenos a visitar a súa finca de cabalos en Coristanco,así que en canto o tempo o permita non faltaremos á cita.Ademais cada neno leva a casa a "biografía viaxeira "na que as familias fan unha pequena biografía do neno ,ao final teremos un bonito libro coa historia de todos.
Blog elaborado polas mestras de Educación Infantil do C.E.I.P Bergantiños de Carballo.A Coruña.
sábado, 20 de noviembre de 2010
viernes, 19 de noviembre de 2010
Árbore de outono.
Os nenos e nenas de 4 anos fixeron esta bonita árbore de outono no bloc de debuxo ,utilizando as cores vermella,azul e amarela.
miércoles, 17 de noviembre de 2010
Suscribirse a:
Entradas (Atom)