domingo, 20 de marzo de 2011

Unha tarde en México.

Guacamole
View more documents from cheloav.
O pasado xoves os nenos e nenas de 4 anos atravesaron o Atlántico e visitaron México ,e como lles gustou tanto, deciron preparar e  degustar un alimento típico deste país : guacamole.Xa vedes o que aprenderon e o ven que o pasaron.E como son moi marchosos, para terminar , bailaron o waca-waca.

Froita e chocolate.Antón protagonista.


Quen non loitou algunha que outra vez ,ou moitas veces,para que os pequenos comeran froita?Os papás de Antón ofrécennos unha posibilidade,comer froita con chocolate.Aquí os vemos encantados coa idea ,algún papá e mamá sorprenderase do ben que o seu pequeno, come a froita nestas fotos.

Clara protagonista.

Hai dúas semanas a protagonista en 3 anos C ,foi Clara.Viñeron os  papás e súa tía,   unha recoñecida artista de Carballo.Mostroulles as súas obras ,sobre todo unha moi especial ,un conto ilustrado adicado a Clara.

Últimos aniversarios en 3 anos C.

Laura e Lucía, de 3 anos C cumpriron un aniño máis en compañía dos amigos e amigas da clase, e mais da profe Bea.Parabens .