sábado, 18 de diciembre de 2010

Protagonistas da semana.

Esta semana as protagonistas foron Laura de 3 anos C e Lorena de 3 anos A,pero como vedes tamén foron protagonistas estes papá e mamá respectivamente,estamos de acordo en que o listón está cada vez máis alto.


viernes, 17 de diciembre de 2010

Parabens Hugo e Xes.

Xes e Hugo, da clase de 3 anos C, celebraron o seu 3º aniversario na compaña da profe Bea e todos os amigos e amigas.


jueves, 16 de diciembre de 2010

lunes, 13 de diciembre de 2010

Faite famoso no noso blog.

Queremos que as familias participen activamente no noso blog e pensamos que sería boa idea que mandárades fotos da vosa decoración navideña: árbore ,nacemento,decoración exterior ,...cunha soa condición ,ten que aparecer a familia na foto,sobre todo os nenos e nenas.Podedes mandar as imaxes a   infantilbergantinhos@gmail.com.  Logo nós as colgaremos no blog.Estamos impacientes.

viernes, 10 de diciembre de 2010

lunes, 6 de diciembre de 2010

Aniversario de Julia.


Problemas técnicos.

Como vedes ao blog afectoulle a onda de frío,estamos intentando
 resolvelo.Perdonen as molestias.

Chegou o Nadal.

Fai un frío que pela,as grandes superficies abren en domingo,os catálogos de xoguetes xa están gastados de tanto miralos,non hai dúbida, chegou o Nadal.Se non te lembras da letra dalgunha panxoliña visita este enlace http://www.menudospeques.net/recursos_infantiles/villancicos/villancicos.php,e sorprende á familia na cea de Noiteboa.Se por outro lado , non vos apetece cantar podedes poñer panxoliñas no voso ordenador ,a mestra Chelo mandou estes enlaces onde podedes atopar un montón delas:
  http://www.fullcristiano.com/video-15/zxt7xmQsU30/villancicos/Cun-sombreiro-de-palla
  http://www.musicasenlinea.com/videos/imos-a-bel-n-;4mfMlJTx3TE.html
E se aínda non é suficiente sempre vos quedan as panxoliñas de Rafael na primeira .

lunes, 29 de noviembre de 2010

martes, 23 de noviembre de 2010

Facendo un tapiz.


A mestra Chelo ensinou aos alumnos e alumnas de 5 anos como se fai un tapiz.

Parabens Nerea.

Nerea celebrou o seu 5º aniversario acompañada da profe Maite e dos amigos e amigas de 5 anos A.

lunes, 22 de noviembre de 2010

Os maiores contan.


O equipo de biblioteca do colexio organizou unha serie de sesións no tempo do proxecto lector, na que os "maiores de primaria"contan diversos contos aos alumnos de infantil.É unha iniciativa moi interesante na que todos saen gañando.

Aniversarios do mes de Outubro.


Yanira,Alessia e Gabriel celebraron o 3º aniversario en compañía da profe e os amigos do cole.

Noa protagonista.


sábado, 20 de noviembre de 2010

O protagonista

Esta semana iniciouse nas aulas de 3 anos o proxecto do "Protagonista ".Consiste en que cada semana un familiar(nai,pai,avó,...) dun dos nenos ou nenas organiza unha serie de actividades que desenvolve en clase co resto dos compañeiros.O proxecto lévase a cabo martes ou xoves pola tarde dependendo da disponibilidade das familias.Esta semana tocoulles a Rubén da clase de Bea, e a Noa, da clase de Carmiña.A mamá de Rubén faloulles dos dinosaurios ,xa que lle encantan a seu fillo.A mamá de Noa organizou unha divertida tarde de xogos e invitou aos nenos a visitar a súa finca de cabalos en Coristanco,así que en canto o tempo o permita non faltaremos á cita.Ademais cada neno leva a casa a "biografía viaxeira "na que as familias fan unha pequena biografía do neno ,ao final teremos un bonito libro coa historia de todos.


Visita ao museo.






 
Os nenos e nenas de 5 anos visitaron o museo de "Bellas Artes " de A Coruña ,puideron disfrutar de preto  de obras magníficas,incluso de Pablo Picasso.O eixe da visita era o achegamento as obras de Luis Seoane.Agradecemos a atención intachable do persoal do museo.

viernes, 19 de noviembre de 2010

Árbore de outono.


Os nenos e nenas de 4 anos fixeron esta bonita árbore de outono no bloc de debuxo ,utilizando as cores vermella,azul e amarela.

viernes, 12 de noviembre de 2010

Benvida Raquel.


Aquí temos a Raquel plantando e con toda a enerxía do mundo.

Cumpreanos de Marcos.


Marcos Suárez celebrou o cumpre no cole,acompañado dos compañeiros e a  profe Carmiña.Parabens e que cumpras moitos máis.

jueves, 11 de noviembre de 2010


Paseo polo bosque

Cousas curiosas

Miramos ao lonxe

Observamos pequenas cousas