Esta semana iniciouse nas aulas de 3 anos o proxecto do "Protagonista ".Consiste en que cada semana un familiar(nai,pai,avó,...) dun dos nenos ou nenas organiza unha serie de actividades que desenvolve en clase co resto dos compañeiros.O proxecto lévase a cabo martes ou xoves pola tarde dependendo da disponibilidade das familias.Esta semana tocoulles a Rubén da clase de Bea, e a Noa, da clase de Carmiña.A mamá de Rubén faloulles dos dinosaurios ,xa que lle encantan a seu fillo.A mamá de Noa organizou unha divertida tarde de xogos e invitou aos nenos a visitar a súa finca de cabalos en Coristanco,así que en canto o tempo o permita non faltaremos á cita.Ademais cada neno leva a casa a "biografía viaxeira "na que as familias fan unha pequena biografía do neno ,ao final teremos un bonito libro coa historia de todos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario