Non é a primeira vez que unha mamá prepara unha sesión de maquillaxe,pero está claro que cada unha delas foi especial e a súa vez distinta,mirade que felinos volvéronse os nenos e nenas de 3 anos C.
Blog elaborado polas mestras de Educación Infantil do C.E.I.P Bergantiños de Carballo.A Coruña.
lunes, 13 de junio de 2011
Yanira Gerpe protagonista.
Cando lle tocou ser protagonista a Yanira ,a súa mamá non sabía que organizar para esa semana y preguntando á profe déronse conta de que o mellor sería falar do seu país ,Venezuela.E mirade que ben o pasaron,xa se ve que Venezuela é un país moi marchoso.A min encántame que a mamá de Yanira diga: "Ay mi amor ! !!"
Unha tarde de burbullas.Fran protagonista.
Xa fai tempo,cando parecía que empezaba a notarse a caloriña,os nenos e nenas de 3 anos C ,participaron dunha actividade que xa se anticipaba como un éxito seguro.A mamá de Fran organizoulles unha actividade con burbullas,unha moi boa idea.
Aniversarios de abril e maio, en 3 anos C.
Parabens ós pequerrechos Marcos,Hugo ,Carmen e Clara ,de 3 anos C, polo seu cuarto aniversario.Esperamos que o pasaran xenial na súa festa .
Gabriela protagonista
Coa chegada da primaveira tivemos unha visita moi especial,a mamá de Gabriela de 3 anos A ,que ten unha floristería ,veulles falar un pouquiño das flores.Ademais fixeron uns preciosos ramos.
domingo, 12 de junio de 2011
Marcos Suárez protagonista.
Está claro que non deixamos de aprender cos protagonistas . Nesta ocasión a mamá de Marcos trouxo varias especies da súa peixería .
Judith protagonista.
Hai unhas semanas, a protagonista en 3 anos A, foi Judith. A súa familia, en especial a mamá ,a tía e a tía abuela,organizaron unha excursión moi interesante,os nenos e nenas de 3 anos A e C foron ó centro comercial Haley. No supermercado visitaron o almacén e cada unha das seccións : panadaría,carnicería,froitaría,..e cada unha delas coa súa correspondente explicación.Ademais lles entregaron a cada un, un libriño coa foto de cada sección.Para finalizar déronlles unha mochila repleta de cousas.Un dez para a excursión e outro para as organizadoras.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)