Hai unha semana a protagonista foi Carmen,un nome moi vinculado ó mar, e quizá por iso , a mamá e a súa irmá Lidia, organizaron unha gran festa pirata.Os "anxeliños" que coñecemos, convertéronse en terribles piratas por un día.
Blog elaborado polas mestras de Educación Infantil do C.E.I.P Bergantiños de Carballo.A Coruña.
jueves, 17 de febrero de 2011
Paxariños con boas noticias.
Hai dúas semanas veu a mamá de Sara,e contounos unha gran historia,a historia dunha nena que buscaba uns papás para que a coidaran,e resultou ser a nosa amiga Sara de 3 anos C.A mamá de Sara contounos que un paxariño faloulles de Sara e eles non dubidaron un instante, en ir a buscala.Tamén contounos cousiñas do sitio onde naciu Sara.Todos pensamos que aquel paxariño fixo moi ben,porque gracias a el , podemos disfrutar dunha nena marabillosa.
miércoles, 16 de febrero de 2011
Nova entrada .
Botádelle unha ollada ao espazo "Que lemos hoxe?".Hai que facer clic no debuxo dos ratos.
martes, 15 de febrero de 2011
Ánxela protagonista.Os papás tamén fan cousas divertidas.
A semana pasada o papá de Ánxela preparou unha bonita obra de títeres para os nenos e nenas de 3 anos A.Pasárono xenial,pero a que é titiriteira de verdade é Ánxela, que nos divirte cada día coas súas travesuras.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)