miércoles, 18 de mayo de 2011

Unha clase de bioloxía en 3 anos A e C.

Quen dixo que os nenos e nenas de 3 anos non podían ter unha clase de bioloxía?Seguro que aprenderon máis que algún do instituto.A 3 anos A e C chegou unha tarde o biólogo Antonio Losada para explicarlles as partes dun peixe ,como preparación para a excursión á "Casa dos peixes" que farían ó luns seguinte.Ata diseccionaron tres pobres xureliños que trouxo a mamá de Marcos Suárez e que nin se enteraron,descansen en paz.A pregunta é :que pensaría Tedín cando colliu o xurelo diseccionado?

Lucía protagonista.

Hai dúas semanas , a protagonista en 3 anos A ,foi Lucía,Luci para os amigos e amigas.As tardes no cole , son un pouco pesadas , pero con estas mamás que nos traen contos,xogos e algo de picar ,fanse moito máis levadeiras.

Parabens Alessandra.

O pasado mes , Alessandra de 3 anos A celebrou o seu aniversario.A súa mamá preparou uns postres e pasárono xenial.Cento di questi giorni!  Buon compleano.

Marcos Pose protagonista.

Hai unhas semanas tocoulle ser protagonista a Marcos Pose.A súa mamá preparou unha actividade con materiais de reciclaxe .Os nenos e nenas fixeron estes bonitos cohetes espaciais.Ademais xogaron ós bolos dunha forma moi ecolóxica.

Visitando a "Casa dos peixes".

 Hai unhas semanas os nenos e nenas de 3 anos B visitaron a "Casa dos peixes" da Coruña.   Pasárono en grande . Gustoulles a viaxe en autobús, coñecer novas especies mariñas,ver como lle daban de comer ás  focas... pero  sobre todo gustoulles  facer unha actividade tan especial, todos xuntos.