A semana pasada os nenos e nenas de 3 anos A, convertéronse en panadeiros por unha mañán.A mamá e a avoa de Paula Pérez, viñeron a ensinarlles como facer unha ricas rosquillas,pasárono tan ben que chegou o recreo e aínda seguían amsando.Saliron tan boas que Paula e Cecilia repartíronas polo resto das clases de Infantil.
Blog elaborado polas mestras de Educación Infantil do C.E.I.P Bergantiños de Carballo.A Coruña.
domingo, 30 de enero de 2011
miércoles, 26 de enero de 2011
Como estrelas de cine.
A clase de 3 anos C convertiuse, por unha tarde, nun salón de maquillaxe,
a mamá de Yanira Rey ,que é esteticien, maquillou e peiteou a estes artistas
que xa apuntan maneiras.
lunes, 17 de enero de 2011
O primeiro carballiño.
O catro de novembro do recén pasado ano, os nenos de 3 anos foron plantar landras á Plaza Galicia,pero tamén plantaron unhas poucas en macetas,cada un na súa, que logo colocaron na clase.Pois ben,xa asomou a primeira arboliña da man de Ánxela de 3 anos A.
Celia e a Sirenita ,protagonistas da semana pasada.

A semana pasada os alumnos e alumnas de 3 anos A,tiveron unha visita moi especial.Veu a "Sirenita" da man dos papás de Celia.Contaron o conto,bailaron coas cancións de Ariel e ademais disfrazáronse de sireas e tritóns,xa que os papás de Celia fixeron unha cola para cada un e trouxeron coroas para tod@s.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)












