miércoles, 18 de mayo de 2011

Marcos Pose protagonista.

Hai unhas semanas tocoulle ser protagonista a Marcos Pose.A súa mamá preparou unha actividade con materiais de reciclaxe .Os nenos e nenas fixeron estes bonitos cohetes espaciais.Ademais xogaron ós bolos dunha forma moi ecolóxica.

Visitando a "Casa dos peixes".

 Hai unhas semanas os nenos e nenas de 3 anos B visitaron a "Casa dos peixes" da Coruña.   Pasárono en grande . Gustoulles a viaxe en autobús, coñecer novas especies mariñas,ver como lle daban de comer ás  focas... pero  sobre todo gustoulles  facer unha actividade tan especial, todos xuntos.


lunes, 2 de mayo de 2011

Xa son irmá maior.

A semana pasada recibimos unha pequena visita ,a mamá de Clara de 3 anos C trouxo a Andrés, que naceu hai dúas semanas.Debe ser o pequerrecho  que máis pronto empezou o período de adapatación.Unha preciosidade de criatura ,parabens ós  papás , á irmá maior e benvido a este mundo Andrés.

Javi protagonista.






 
 Antes das vacacións, a mamá de Javi visitou 3 anos C e faloulles de seu traballo.Esta mamá adícase á venta de portas. Parabens ós papás por conseguir que cada xoves sexa distinto.

Aniversarios de Aroa,Yanira e Sara.




Estas tres princesiñas de 3 anos C, xa teñen 4 anos,parabens.

martes, 26 de abril de 2011

Cristina e Ánxela de aniversario.

Parece que foi onte cando  estes pequenos pisaron  o cole por primeira vez.Agora que  xa imos deixando atrás este curso 2010-2011, eles tamén crecen e cumpren catro  aniños,como é o caso destas princesas da clase de 3 anos A,Cristina e Ánxela.Moitos parabens.

sábado, 23 de abril de 2011

Alessandra protagonista.

A semana do 11 de abril tocoulle ser protagonista a Alessandra, de clase de 3 anos A.Primeiro a súa mamá tróuxolles  un conto sobre os bombeiros ,e o mércores 13 os nenos e nenas das clases de 3 anos A e C visitaron o parque de bombeiros de Carballo no que  traballa o papá de Alessandra.Pasárono xenial,incluida algunha pequena invitada.Agredecemos a amabilidade destes profesionais e con este corpo de bombeiros, podemos durmir tranquilos.