O pasado mes , Alessandra de 3 anos A celebrou o seu aniversario.A súa mamá preparou uns postres e pasárono xenial.Cento di questi giorni! Buon compleano.
Blog elaborado polas mestras de Educación Infantil do C.E.I.P Bergantiños de Carballo.A Coruña.
miércoles, 18 de mayo de 2011
Marcos Pose protagonista.
Hai unhas semanas tocoulle ser protagonista a Marcos Pose.A súa mamá preparou unha actividade con materiais de reciclaxe .Os nenos e nenas fixeron estes bonitos cohetes espaciais.Ademais xogaron ós bolos dunha forma moi ecolóxica.
Visitando a "Casa dos peixes".
Hai unhas semanas os nenos e nenas de 3 anos B visitaron a "Casa dos peixes" da Coruña. Pasárono en grande . Gustoulles a viaxe en autobús, coñecer novas especies mariñas,ver como lle daban de comer ás focas... pero sobre todo gustoulles facer unha actividade tan especial, todos xuntos.
lunes, 2 de mayo de 2011
Xa son irmá maior.
A semana pasada recibimos unha pequena visita ,a mamá de Clara de 3 anos C trouxo a Andrés, que naceu hai dúas semanas.Debe ser o pequerrecho que máis pronto empezou o período de adapatación.Unha preciosidade de criatura ,parabens ós papás , á irmá maior e benvido a este mundo Andrés.
martes, 26 de abril de 2011
Cristina e Ánxela de aniversario.
Parece que foi onte cando estes pequenos pisaron o cole por primeira vez.Agora que xa imos deixando atrás este curso 2010-2011, eles tamén crecen e cumpren catro aniños,como é o caso destas princesas da clase de 3 anos A,Cristina e Ánxela.Moitos parabens.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



















