Hai dúas semanas , a protagonista en 3 anos A ,foi Lucía,Luci para os amigos e amigas.As tardes no cole , son un pouco pesadas , pero con estas mamás que nos traen contos,xogos e algo de picar ,fanse moito máis levadeiras.
Blog elaborado polas mestras de Educación Infantil do C.E.I.P Bergantiños de Carballo.A Coruña.
miércoles, 18 de mayo de 2011
Parabens Alessandra.
O pasado mes , Alessandra de 3 anos A celebrou o seu aniversario.A súa mamá preparou uns postres e pasárono xenial.Cento di questi giorni! Buon compleano.
Marcos Pose protagonista.
Hai unhas semanas tocoulle ser protagonista a Marcos Pose.A súa mamá preparou unha actividade con materiais de reciclaxe .Os nenos e nenas fixeron estes bonitos cohetes espaciais.Ademais xogaron ós bolos dunha forma moi ecolóxica.
Visitando a "Casa dos peixes".
Hai unhas semanas os nenos e nenas de 3 anos B visitaron a "Casa dos peixes" da Coruña. Pasárono en grande . Gustoulles a viaxe en autobús, coñecer novas especies mariñas,ver como lle daban de comer ás focas... pero sobre todo gustoulles facer unha actividade tan especial, todos xuntos.
lunes, 2 de mayo de 2011
Xa son irmá maior.
A semana pasada recibimos unha pequena visita ,a mamá de Clara de 3 anos C trouxo a Andrés, que naceu hai dúas semanas.Debe ser o pequerrecho que máis pronto empezou o período de adapatación.Unha preciosidade de criatura ,parabens ós papás , á irmá maior e benvido a este mundo Andrés.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



















