Está claro que non deixamos de aprender cos protagonistas . Nesta ocasión a mamá de Marcos trouxo varias especies da súa peixería .
Blog elaborado polas mestras de Educación Infantil do C.E.I.P Bergantiños de Carballo.A Coruña.
domingo, 12 de junio de 2011
Judith protagonista.
Hai unhas semanas, a protagonista en 3 anos A, foi Judith. A súa familia, en especial a mamá ,a tía e a tía abuela,organizaron unha excursión moi interesante,os nenos e nenas de 3 anos A e C foron ó centro comercial Haley. No supermercado visitaron o almacén e cada unha das seccións : panadaría,carnicería,froitaría,..e cada unha delas coa súa correspondente explicación.Ademais lles entregaron a cada un, un libriño coa foto de cada sección.Para finalizar déronlles unha mochila repleta de cousas.Un dez para a excursión e outro para as organizadoras.
miércoles, 18 de mayo de 2011
Unha clase de bioloxía en 3 anos A e C.
Quen dixo que os nenos e nenas de 3 anos non podían ter unha clase de bioloxía?Seguro que aprenderon máis que algún do instituto.A 3 anos A e C chegou unha tarde o biólogo Antonio Losada para explicarlles as partes dun peixe ,como preparación para a excursión á "Casa dos peixes" que farían ó luns seguinte.Ata diseccionaron tres pobres xureliños que trouxo a mamá de Marcos Suárez e que nin se enteraron,descansen en paz.A pregunta é :que pensaría Tedín cando colliu o xurelo diseccionado?
Lucía protagonista.
Hai dúas semanas , a protagonista en 3 anos A ,foi Lucía,Luci para os amigos e amigas.As tardes no cole , son un pouco pesadas , pero con estas mamás que nos traen contos,xogos e algo de picar ,fanse moito máis levadeiras.
Parabens Alessandra.
O pasado mes , Alessandra de 3 anos A celebrou o seu aniversario.A súa mamá preparou uns postres e pasárono xenial.Cento di questi giorni! Buon compleano.
Marcos Pose protagonista.
Hai unhas semanas tocoulle ser protagonista a Marcos Pose.A súa mamá preparou unha actividade con materiais de reciclaxe .Os nenos e nenas fixeron estes bonitos cohetes espaciais.Ademais xogaron ós bolos dunha forma moi ecolóxica.
Visitando a "Casa dos peixes".
Hai unhas semanas os nenos e nenas de 3 anos B visitaron a "Casa dos peixes" da Coruña. Pasárono en grande . Gustoulles a viaxe en autobús, coñecer novas especies mariñas,ver como lle daban de comer ás focas... pero sobre todo gustoulles facer unha actividade tan especial, todos xuntos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




















