A semana pasada, tocoulle ser protagonista a Joel.A súa mamá organizou unha divertida tarde de xogos.
Blog elaborado polas mestras de Educación Infantil do C.E.I.P Bergantiños de Carballo.A Coruña.
martes, 22 de febrero de 2011
Hugo protagonista.
A semana pasada, os papás de Hugo Pensado visitaron a aula de 3 anos C, e fixéronos pasar un bo rato contándonos as andanzas dun dos máis trastes da clase.
jueves, 17 de febrero de 2011
Festa pirata.
Hai unha semana a protagonista foi Carmen,un nome moi vinculado ó mar, e quizá por iso , a mamá e a súa irmá Lidia, organizaron unha gran festa pirata.Os "anxeliños" que coñecemos, convertéronse en terribles piratas por un día.
Paxariños con boas noticias.
Hai dúas semanas veu a mamá de Sara,e contounos unha gran historia,a historia dunha nena que buscaba uns papás para que a coidaran,e resultou ser a nosa amiga Sara de 3 anos C.A mamá de Sara contounos que un paxariño faloulles de Sara e eles non dubidaron un instante, en ir a buscala.Tamén contounos cousiñas do sitio onde naciu Sara.Todos pensamos que aquel paxariño fixo moi ben,porque gracias a el , podemos disfrutar dunha nena marabillosa.
miércoles, 16 de febrero de 2011
Nova entrada .
Botádelle unha ollada ao espazo "Que lemos hoxe?".Hai que facer clic no debuxo dos ratos.
martes, 15 de febrero de 2011
Ánxela protagonista.Os papás tamén fan cousas divertidas.
A semana pasada o papá de Ánxela preparou unha bonita obra de títeres para os nenos e nenas de 3 anos A.Pasárono xenial,pero a que é titiriteira de verdade é Ánxela, que nos divirte cada día coas súas travesuras.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

















