Hai dúas semanas a protagonista foi Cristina,a súa mamá, cun pouquiño de axuda, maquillou ós pequechos de 3 anos A, estaban guapísimos.Tamén visitounos Paula, a irmá maior de Cristina ,que estivo na mesma clase ata o ano pasado,Carmiña lembraba que cando lle tocou ser protagonista a Paula tamén veu Cristina,sendo tan só un bebé e que pasou o rato nos brazos da que 3 anos despois sería a súa profe.
Blog elaborado polas mestras de Educación Infantil do C.E.I.P Bergantiños de Carballo.A Coruña.
domingo, 27 de marzo de 2011
domingo, 20 de marzo de 2011
Unha tarde en México.
O pasado xoves os nenos e nenas de 4 anos atravesaron o Atlántico e visitaron México ,e como lles gustou tanto, deciron preparar e degustar un alimento típico deste país : guacamole.Xa vedes o que aprenderon e o ven que o pasaron.E como son moi marchosos, para terminar , bailaron o waca-waca.
Froita e chocolate.Antón protagonista.
Quen non loitou algunha que outra vez ,ou moitas veces,para que os pequenos comeran froita?Os papás de Antón ofrécennos unha posibilidade,comer froita con chocolate.Aquí os vemos encantados coa idea ,algún papá e mamá sorprenderase do ben que o seu pequeno, come a froita nestas fotos.
Clara protagonista.
Hai dúas semanas a protagonista en 3 anos C ,foi Clara.Viñeron os papás e súa tía, unha recoñecida artista de Carballo.Mostroulles as súas obras ,sobre todo unha moi especial ,un conto ilustrado adicado a Clara.
Últimos aniversarios en 3 anos C.
Laura e Lucía, de 3 anos C cumpriron un aniño máis en compañía dos amigos e amigas da clase, e mais da profe Bea.Parabens .
viernes, 18 de marzo de 2011
Fotos de entroido
Aquí vos deixamos fotos das festas de entroido,do xoves, na que fixemos un desfile máís privado no ximnasio e algunhas do venres na que os nenos e nenas participaron na festividade , co resto do alumnado do colexio.
miércoles, 16 de marzo de 2011
Aniversario de Celia.
A doce Celia estivo de aniversario a semana pasada, e celebrouno coa clase de 3 anos A e a súa profe Carmiña,esperamos que disfrutara da festa e que cumpra moitos máis.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

















