jueves, 7 de abril de 2011

Hugo protagonista.

Nesta tarde tan calurosa a mamá de Hugo tróuxonos unha actividade moi bonita, fixeron ramiños de flores con papel de seda.

miércoles, 6 de abril de 2011

Xavier protagonista.

O xoves pasado, visitaron a aula de 3 anos A ,o papá e a tía de Xavi.A súa tía ensinoulles como converterse en magníficos perruqueiros e perruqueiras.A continuación,o papá no patio, deulles unhas clases de fútbol.Logo virían tamén, a mamá e a irmá .

Raquel e os vintecatro ananiños.

Hai pouco a protagonista en 3 anos A, foi Raquel.Veu a súa mamá cunha amiga e faloulles de Brancaneves e os sete ananiños.Tamén lles trouxo uns divertidos quebracabezas.

Chocolate relaxante.

A semana pasada , a protagonista foi  Shaila .A súa mamá , que é maxasista, ensinoulles como se fai unha masaxe con chocolate e ó final,  probaron  a ferramenta de traballo.

Iris protagonista.

 Unha das últimas protagonistas foi Iris.A súa mamá trouxo un bonito conto có que todos disfrutaron,sobre todo Iris que non hai máis que mirarlle á carita.


domingo, 27 de marzo de 2011

Cristina protagonista.

Hai dúas semanas a protagonista foi Cristina,a súa mamá, cun pouquiño de axuda, maquillou ós pequechos de 3 anos A, estaban guapísimos.Tamén visitounos Paula, a irmá maior de Cristina ,que estivo na mesma clase ata o ano pasado,Carmiña lembraba que  cando lle tocou ser protagonista a Paula  tamén veu Cristina,sendo tan só un bebé e que pasou o rato nos brazos da que 3 anos despois sería a súa  profe.

domingo, 20 de marzo de 2011

Unha tarde en México.

Guacamole
View more documents from cheloav.
O pasado xoves os nenos e nenas de 4 anos atravesaron o Atlántico e visitaron México ,e como lles gustou tanto, deciron preparar e  degustar un alimento típico deste país : guacamole.Xa vedes o que aprenderon e o ven que o pasaron.E como son moi marchosos, para terminar , bailaron o waca-waca.