martes, 26 de abril de 2011

Cristina e Ánxela de aniversario.

Parece que foi onte cando  estes pequenos pisaron  o cole por primeira vez.Agora que  xa imos deixando atrás este curso 2010-2011, eles tamén crecen e cumpren catro  aniños,como é o caso destas princesas da clase de 3 anos A,Cristina e Ánxela.Moitos parabens.

sábado, 23 de abril de 2011

Alessandra protagonista.

A semana do 11 de abril tocoulle ser protagonista a Alessandra, de clase de 3 anos A.Primeiro a súa mamá tróuxolles  un conto sobre os bombeiros ,e o mércores 13 os nenos e nenas das clases de 3 anos A e C visitaron o parque de bombeiros de Carballo no que  traballa o papá de Alessandra.Pasárono xenial,incluida algunha pequena invitada.Agredecemos a amabilidade destes profesionais e con este corpo de bombeiros, podemos durmir tranquilos.

jueves, 7 de abril de 2011

Hugo protagonista.

Nesta tarde tan calurosa a mamá de Hugo tróuxonos unha actividade moi bonita, fixeron ramiños de flores con papel de seda.

miércoles, 6 de abril de 2011

Xavier protagonista.

O xoves pasado, visitaron a aula de 3 anos A ,o papá e a tía de Xavi.A súa tía ensinoulles como converterse en magníficos perruqueiros e perruqueiras.A continuación,o papá no patio, deulles unhas clases de fútbol.Logo virían tamén, a mamá e a irmá .

Raquel e os vintecatro ananiños.

Hai pouco a protagonista en 3 anos A, foi Raquel.Veu a súa mamá cunha amiga e faloulles de Brancaneves e os sete ananiños.Tamén lles trouxo uns divertidos quebracabezas.

Chocolate relaxante.

A semana pasada , a protagonista foi  Shaila .A súa mamá , que é maxasista, ensinoulles como se fai unha masaxe con chocolate e ó final,  probaron  a ferramenta de traballo.

Iris protagonista.

 Unha das últimas protagonistas foi Iris.A súa mamá trouxo un bonito conto có que todos disfrutaron,sobre todo Iris que non hai máis que mirarlle á carita.