A semana pasada recibimos unha pequena visita ,a mamá de Clara de 3 anos C trouxo a Andrés, que naceu hai dúas semanas.Debe ser o pequerrecho que máis pronto empezou o período de adapatación.Unha preciosidade de criatura ,parabens ós papás , á irmá maior e benvido a este mundo Andrés.
Blog elaborado polas mestras de Educación Infantil do C.E.I.P Bergantiños de Carballo.A Coruña.
lunes, 2 de mayo de 2011
martes, 26 de abril de 2011
Cristina e Ánxela de aniversario.
Parece que foi onte cando estes pequenos pisaron o cole por primeira vez.Agora que xa imos deixando atrás este curso 2010-2011, eles tamén crecen e cumpren catro aniños,como é o caso destas princesas da clase de 3 anos A,Cristina e Ánxela.Moitos parabens.
sábado, 23 de abril de 2011
Alessandra protagonista.
A semana do 11 de abril tocoulle ser protagonista a Alessandra, de clase de 3 anos A.Primeiro a súa mamá tróuxolles un conto sobre os bombeiros ,e o mércores 13 os nenos e nenas das clases de 3 anos A e C visitaron o parque de bombeiros de Carballo no que traballa o papá de Alessandra.Pasárono xenial,incluida algunha pequena invitada.Agredecemos a amabilidade destes profesionais e con este corpo de bombeiros, podemos durmir tranquilos.
jueves, 7 de abril de 2011
Hugo protagonista.
Nesta tarde tan calurosa a mamá de Hugo tróuxonos unha actividade moi bonita, fixeron ramiños de flores con papel de seda.
miércoles, 6 de abril de 2011
Xavier protagonista.
O xoves pasado, visitaron a aula de 3 anos A ,o papá e a tía de Xavi.A súa tía ensinoulles como converterse en magníficos perruqueiros e perruqueiras.A continuación,o papá no patio, deulles unhas clases de fútbol.Logo virían tamén, a mamá e a irmá .
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



















