Esta semana as protagonistas foron Laura de 3 anos C e Lorena de 3 anos A,pero como vedes tamén foron protagonistas estes papá e mamá respectivamente,estamos de acordo en que o listón está cada vez máis alto.
Blog elaborado polas mestras de Educación Infantil do C.E.I.P Bergantiños de Carballo.A Coruña.
sábado, 18 de diciembre de 2010
viernes, 17 de diciembre de 2010
Parabens Hugo e Xes.
Xes e Hugo, da clase de 3 anos C, celebraron o seu 3º aniversario na compaña da profe Bea e todos os amigos e amigas.
jueves, 16 de diciembre de 2010
Nadal de cine.
Se vos gusta o cine aquí tendes un enlace que vos axudará a organizar unha fría tarde de inverno.http://www.infantil.profes.net/comun/VerNoticia.asp?id_contenido=61582
lunes, 13 de diciembre de 2010
Faite famoso no noso blog.
Queremos que as familias participen activamente no noso blog e pensamos que sería boa idea que mandárades fotos da vosa decoración navideña: árbore ,nacemento,decoración exterior ,...cunha soa condición ,ten que aparecer a familia na foto,sobre todo os nenos e nenas.Podedes mandar as imaxes a infantilbergantinhos@gmail.com. Logo nós as colgaremos no blog.Estamos impacientes.
viernes, 10 de diciembre de 2010
Seguen os problemas.
Seguimos tendo problemas técnicos no noso blog,se non vos carga algunha slide dádelle ao título da mesma ,ás veces funciona.
miércoles, 8 de diciembre de 2010
lunes, 6 de diciembre de 2010
Problemas técnicos.
Como vedes ao blog afectoulle a onda de frío,estamos intentando
resolvelo.Perdonen as molestias.
resolvelo.Perdonen as molestias.
Chegou o Nadal.
Fai un frío que pela,as grandes superficies abren en domingo,os catálogos de xoguetes xa están gastados de tanto miralos,non hai dúbida, chegou o Nadal.Se non te lembras da letra dalgunha panxoliña visita este enlace http://www.menudospeques.net/recursos_infantiles/villancicos/villancicos.php,e sorprende á familia na cea de Noiteboa.Se por outro lado , non vos apetece cantar podedes poñer panxoliñas no voso ordenador ,a mestra Chelo mandou estes enlaces onde podedes atopar un montón delas:
http://www.fullcristiano.com/video-15/zxt7xmQsU30/villancicos/Cun-sombreiro-de-palla
http://www.fullcristiano.com/video-15/zxt7xmQsU30/villancicos/Cun-sombreiro-de-palla
http://www.musicasenlinea.com/videos/imos-a-bel-n-;4mfMlJTx3TE.html
E se aínda non é suficiente sempre vos quedan as panxoliñas de Rafael na primeira .
E se aínda non é suficiente sempre vos quedan as panxoliñas de Rafael na primeira .
lunes, 29 de noviembre de 2010
Jueduland.
Se queredes xogar e aprender, aquí hai moito onde escoller.http://roble.pntic.mec.es/arum0010/
martes, 23 de noviembre de 2010
lunes, 22 de noviembre de 2010
Os maiores contan.
O equipo de biblioteca do colexio organizou unha serie de sesións no tempo do proxecto lector, na que os "maiores de primaria"contan diversos contos aos alumnos de infantil.É unha iniciativa moi interesante na que todos saen gañando.
sábado, 20 de noviembre de 2010
O protagonista
Esta semana iniciouse nas aulas de 3 anos o proxecto do "Protagonista ".Consiste en que cada semana un familiar(nai,pai,avó,...) dun dos nenos ou nenas organiza unha serie de actividades que desenvolve en clase co resto dos compañeiros.O proxecto lévase a cabo martes ou xoves pola tarde dependendo da disponibilidade das familias.Esta semana tocoulles a Rubén da clase de Bea, e a Noa, da clase de Carmiña.A mamá de Rubén faloulles dos dinosaurios ,xa que lle encantan a seu fillo.A mamá de Noa organizou unha divertida tarde de xogos e invitou aos nenos a visitar a súa finca de cabalos en Coristanco,así que en canto o tempo o permita non faltaremos á cita.Ademais cada neno leva a casa a "biografía viaxeira "na que as familias fan unha pequena biografía do neno ,ao final teremos un bonito libro coa historia de todos.
viernes, 19 de noviembre de 2010
Árbore de outono.
Os nenos e nenas de 4 anos fixeron esta bonita árbore de outono no bloc de debuxo ,utilizando as cores vermella,azul e amarela.
miércoles, 17 de noviembre de 2010
viernes, 12 de noviembre de 2010
Cumpreanos de Marcos.
Marcos Suárez celebrou o cumpre no cole,acompañado dos compañeiros e a profe Carmiña.Parabens e que cumpras moitos máis.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)