miércoles, 12 de enero de 2011

Día da Paz.

O día da Paz está á volta da esquina e aínda que  as profes intentamos que tódolos días sexan pacíficos sempre apetece  facer algo especial.A profe de alternativa de 3 anos C,é dicir a que escribe,decidiu este ano adícalo principalmente   aos beneficios de ser diferentes.Primeiro que asuman  que todos rompemos o molde ao nacer e ningún de nós somos iguais,nin sequera os xemelgos.E despois que vexan que non hai ningún problema na diferencia,ao contrario o mundo sería ben aburrido se todos pensáramos da mesma maneira e fixéramos as mesmas cousas .Empezarei co libro "Un bicho raro",ten aspectos complicados para nenos de tres anos pero o que me interesa é que os personaxes  ven ao protagonista como un "bicho raro" e el  á súa vez os ve como bichos máis raros aínda,pero eu fareilles  esta pregunta: por que os demais o chaman raro?,os demais son todos iguais?,a serpe é igual a avestruz?,a avestruz é igual á tartaruga?Non será que como é novo no planeta dálles algo de medo,e o medo ás veces alonxa aos seres vivos.Despois de traballar co conto faremos pombas da paz, pero todas distintas,a idea é :"son distintas pero seguen sendo pombas".O terceiro punto importante vai ser "os nenos que sofren",imos traballar un pouquiño cos nenos de Haití.Como é a súa vida,como era antes do terremoto,como e con que xogan,a idea é .pasou algo terrible,hai nenos que o pasan mal pero seguen sendo nenos coma nós ,por exemplo, veremos como xogan ao balón no cole igual que nós.
Neste enlace podedes atopar imaxes para fichas e murais,a ver como sae o noso.http://www.mundosmagicos.com/imgenes-da-de-la-paz.html

No hay comentarios:

Publicar un comentario