martes, 23 de noviembre de 2010

Facendo un tapiz.


A mestra Chelo ensinou aos alumnos e alumnas de 5 anos como se fai un tapiz.

Parabens Nerea.

Nerea celebrou o seu 5º aniversario acompañada da profe Maite e dos amigos e amigas de 5 anos A.

lunes, 22 de noviembre de 2010

Os maiores contan.


O equipo de biblioteca do colexio organizou unha serie de sesións no tempo do proxecto lector, na que os "maiores de primaria"contan diversos contos aos alumnos de infantil.É unha iniciativa moi interesante na que todos saen gañando.

Aniversarios do mes de Outubro.


Yanira,Alessia e Gabriel celebraron o 3º aniversario en compañía da profe e os amigos do cole.

Noa protagonista.


sábado, 20 de noviembre de 2010

O protagonista

Esta semana iniciouse nas aulas de 3 anos o proxecto do "Protagonista ".Consiste en que cada semana un familiar(nai,pai,avó,...) dun dos nenos ou nenas organiza unha serie de actividades que desenvolve en clase co resto dos compañeiros.O proxecto lévase a cabo martes ou xoves pola tarde dependendo da disponibilidade das familias.Esta semana tocoulles a Rubén da clase de Bea, e a Noa, da clase de Carmiña.A mamá de Rubén faloulles dos dinosaurios ,xa que lle encantan a seu fillo.A mamá de Noa organizou unha divertida tarde de xogos e invitou aos nenos a visitar a súa finca de cabalos en Coristanco,así que en canto o tempo o permita non faltaremos á cita.Ademais cada neno leva a casa a "biografía viaxeira "na que as familias fan unha pequena biografía do neno ,ao final teremos un bonito libro coa historia de todos.


Visita ao museo.






 
Os nenos e nenas de 5 anos visitaron o museo de "Bellas Artes " de A Coruña ,puideron disfrutar de preto  de obras magníficas,incluso de Pablo Picasso.O eixe da visita era o achegamento as obras de Luis Seoane.Agradecemos a atención intachable do persoal do museo.