Blog elaborado polas mestras de Educación Infantil do C.E.I.P Bergantiños de Carballo.A Coruña.
sábado, 15 de enero de 2011
Moi interesante.
Debido a que o persoal de audición e linguaxe do cole ten moitísimo traballo ,este curso as profes de apoio de Infantil estámonos a ocupar do obradoiro de expresión oral, que se leva a cabo nos sete grupos (3,4, e 5 anos ), así que coma tódalas fins de semana , aquí estou a buscar material,e atopei un blog moi interesante dunha mestra de Palma de Mallorca,xa sabedes que as TIc chegan a todos os lados,chámase Eugenia Romero.Vale para calquera proxecto de estimulación da linguaxe, pero ten moito material de lectoescritura,recomendo os apartados da dereita. http://blogdelosmaestrosdeaudicionylenguaje.blogspot.com/
miércoles, 12 de enero de 2011
Día da Paz.
O día da Paz está á volta da esquina e aínda que as profes intentamos que tódolos días sexan pacíficos sempre apetece facer algo especial.A profe de alternativa de 3 anos C,é dicir a que escribe,decidiu este ano adícalo principalmente aos beneficios de ser diferentes.Primeiro que asuman que todos rompemos o molde ao nacer e ningún de nós somos iguais,nin sequera os xemelgos.E despois que vexan que non hai ningún problema na diferencia,ao contrario o mundo sería ben aburrido se todos pensáramos da mesma maneira e fixéramos as mesmas cousas .Empezarei co libro "Un bicho raro",ten aspectos complicados para nenos de tres anos pero o que me interesa é que os personaxes ven ao protagonista como un "bicho raro" e el á súa vez os ve como bichos máis raros aínda,pero eu fareilles esta pregunta: por que os demais o chaman raro?,os demais son todos iguais?,a serpe é igual a avestruz?,a avestruz é igual á tartaruga?Non será que como é novo no planeta dálles algo de medo,e o medo ás veces alonxa aos seres vivos.Despois de traballar co conto faremos pombas da paz, pero todas distintas,a idea é :"son distintas pero seguen sendo pombas".O terceiro punto importante vai ser "os nenos que sofren",imos traballar un pouquiño cos nenos de Haití.Como é a súa vida,como era antes do terremoto,como e con que xogan,a idea é .pasou algo terrible,hai nenos que o pasan mal pero seguen sendo nenos coma nós ,por exemplo, veremos como xogan ao balón no cole igual que nós.
Neste enlace podedes atopar imaxes para fichas e murais,a ver como sae o noso.http://www.mundosmagicos.com/imgenes-da-de-la-paz.html
Neste enlace podedes atopar imaxes para fichas e murais,a ver como sae o noso.http://www.mundosmagicos.com/imgenes-da-de-la-paz.html
sábado, 18 de diciembre de 2010
Protagonistas da semana.
Esta semana as protagonistas foron Laura de 3 anos C e Lorena de 3 anos A,pero como vedes tamén foron protagonistas estes papá e mamá respectivamente,estamos de acordo en que o listón está cada vez máis alto.
viernes, 17 de diciembre de 2010
Parabens Hugo e Xes.
Xes e Hugo, da clase de 3 anos C, celebraron o seu 3º aniversario na compaña da profe Bea e todos os amigos e amigas.
jueves, 16 de diciembre de 2010
Nadal de cine.
Se vos gusta o cine aquí tendes un enlace que vos axudará a organizar unha fría tarde de inverno.http://www.infantil.profes.net/comun/VerNoticia.asp?id_contenido=61582
lunes, 13 de diciembre de 2010
Faite famoso no noso blog.
Queremos que as familias participen activamente no noso blog e pensamos que sería boa idea que mandárades fotos da vosa decoración navideña: árbore ,nacemento,decoración exterior ,...cunha soa condición ,ten que aparecer a familia na foto,sobre todo os nenos e nenas.Podedes mandar as imaxes a infantilbergantinhos@gmail.com. Logo nós as colgaremos no blog.Estamos impacientes.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)









